Bienvenidos

sábado, 29 de mayo de 2021

Unha aldraxe de sol… , Norberto Pannone, Buenos Aires, Argentina. Traducción: Marian Muiños, España

 








Unha aldraxe de sol…

 

Só unha codia de luz queda flotando

nun agónico ceo xa sen brillo.

Está a irse a tarde,

como un opaco trazo de poeta

pecando sen palabras, nin destino.

 

Abatido ao final doutra tormenta.

Alí, cara ao Leste van os negros

nuboeiros do estío

e en fráxil sangría tempesta

un eólico sopro que escorrega

pola sola gastada do esquecido.

Agónico heraldo cara ao Oriente.

Vello e atónito rumor estremecido

que escapa co seu medo arrepiantiante

do canto dos paxaros que agardan.

Hai silencios de tronos que partiron

cabalgando no raio do descoido.

Final do rifador relampo

velando a foto do suspiro.

Cólgome nas cores curvilíneas

e coa sétima corda

do penitente arco da vella, suicídome;

sen lazo, sen soga, nin correas:

casta trasnada doutro neno

que deshonra con fame a súa quimera.

 

Autor: Norberto Pannone, Buenos Aires, Argentina

Traducción ao galego: Marián Muiños, Galicia, España


No hay comentarios:

Publicar un comentario