TRALA PRAIA
Onde o solpor arrastra os seus pés,
Conversan en silencio as pedras.
As gaivotas
Pían nun voo antigo
Como o vento imantado de ondas.
Síntome rocha, area, auga
-un milagre, un enigma-
E a miña pel esquéceme.
Son a irmá dunha árbore
A miña nai é ista terra
E os meus fillos medran verdes.
Nos remuíños de brisa xorde paz
Na miña alma abanada.
-“Benvida ao teu fogar nena-anxo,
Acóugate neste niño de feitizos.
Ti es nosa”, díxome Ela.
-“Galiza: terra, mar, lume e aire,
Gaiza, por fin atopáchesme!
Onde estabas?”, pregunteille eu.
“Ao teu redor, sempre.” Concluíu Ela.
MARIAN MUIÑOS, poeta y escritora
de Pontevedra, España
Miembro Honorífico de Asolapo Argentina
Glosario:
Solpor = atardecer; rocha= roca; nai= madre; remuíños =
remolinos; xorde= surge; abanada= abanicada; niño= nido; feitizos= hechizos;
lume= fuego; atopáchesme = me encontraste
|
ÚNICO ESPACIO OFICIAL DE DIFUSIÓN GRATUITA PARA NUESTROS MIEMBROS. NORBERTO PANNONE
martes, 26 de febrero de 2013
TRALA PRAIA
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario